Traballo en rede, estreita relación coa comunidade na que se asenta e maior interacción co público. Estas foron as tres principais receitas cociñadas no I Foro Internacional de Espazos para a Cultura (FIEC), que durante tres días reuniu na Cidade da Cultura a elite das institucións culturais a nivel mundial. Tres alicerces que deben vir acompañados da incansable busca da excelencia, a necesidade de abrir a mente a calquera proposta e a preocupación por formar novos públicos.
Nun clima de diálogo constante, as tres intensas xornadas do FIEC deron para coñecer novas formas de ver o que hoxe entendemos como museo ou centro cultural.
11.11.2011 - La Voz de Galicia
Artigo sobre as novas necesidade de financiamento dos espazos culturais en tempos de crise económica (en castelán)
10.11.2011 - El Mundo
Revisión do FIEC realizada polo diario El Mundo (en castelán)
09.11.2011 - La Opinión
Entrevista a Allegra Burnette, directora creativa de digital media do MoMA de Nova York (en castelán)